Saltar ao contido

Carlos Blanco Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Blanco Vila

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webcarlosblancoaovivo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0087237 Allocine: 145657
Facebook: Carlos-Blanco-100389283382102 BNE: XX4807020 BUSC: blanco-vila-carlos-1959 Editar o valor en Wikidata

Carlos Blanco Vila, nado en Vilagarcía de Arousa o 2 de xaneiro de 1959[1], é un actor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán e colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar. Foi a personaxe de Ladislao Couto en Mareas vivas (onde tamén exercía como guionista) a que o deu a coñecer amplamente en Galicia.

A súa carreira cinematográfica comezou con Sei quen es (1999) e continuou con títulos entre os que destacan O lapis do carpinteiro (2003), Cargo (2006), Heroína (2005), Volver (2006), A praia dos afogados (2014) ou Dhogs (2017).

En 2005, tivo un papel regular na serie de Antena 3, Lobos, a cal non pasou da primeira tempada.

No 2006 presentou o programa da TVG Somos unha potenzia, o primeiro "late night" de Galicia.[2]

Conta cunha longa carreira no mundo do monólogo, acadando grande éxito por toda Galicia e fóra dela. En 2003 foi finalista do Certame de Monólogos de El club de la comedia. En 2008 co-produciu con Abada a súa obra de teatro Humor neghro, coa que actuou por toda a comunidade co músico guineano Manecas Costa.[3][4]

Dende o 2011 percorreu os escenarios xunto con Xosé Manuel Budiño cun espectáculo chamado iLalelo no que Budiño facía de DJ e Blanco de monologuista.[5]

En 2018 interpretou a Laureano Oubiña en Fariña, a adaptación televisiva do libro homónimo de Nacho Carretero.

Cinematografía

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
Carlos Blanco nun monólogo en Moaña.

Como actor

[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos

[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos

[editar | editar a fonte]

Como presentador

[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

En 2018 foille concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega na modalidade de Artes Escénicas.

Ano Categoría Obra (compañía) Resultado
1998 Mellor texto adaptado ou traducido Nano (Teatro do Adro) Gañador[6]
Ano Categoría Película Resultado
2007 Mellor interpretación masculina secundaria Hotel Tívoli Finalista
2007 Mellor comunicador de TV O gran camiño Nomeado
2005 Mellor interpretación masculina secundaria Heroína Gañador
Ano Categoría Obra (compañía) Resultado
2013 Mellor actor Desayuno con diadema Gañador

É o pai de Lois Blanco Araúxo, director de teatro, que ten dirixido a seu pai en varias ocasións. Carlos Blanco foi o sétimo de sete irmáns, entre eles o adestrador de baloncesto Alberto Blanco Vila.

  1. Publicación na páxina de Carlos Blanco comentado que é o seu aniversario.
  2. "Carlos Blanco presenta e dirixe o primeiro «late night» da TVG, «Somos unha potenzia»". La Voz de Galicia. 9 de xuño de 2006. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  3. "Humor Neghro". www.carlosblancoaovivo.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  4. "'Humor neghro' comeza a súa andaina". Vieiros. 25 de xaneiro de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  5. "Budiño se hace disyoquei para acompañar a Carlos Blanco". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de marzo de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  6. Compartido con Cándido Pazó e Josito Porto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]